Lembrade !!! O vindeiro 16 de setembro de 2025, Pontevedra acollerá o Congreso Internacional ACOWAS sobre xestión comunitaria da auga no rural. O encontro celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6) e reunirá expertos e representantes de Austria, Dinamarca, España, Finlandia e Irlanda, así como institucións galegas, para analizar boas prácticas, calidade da auga e retos futuros dos pequenos abastecementos.
Programa da xornada
09:30 – 10:00 · Acreditación
10:00 – 10:05 · Inauguración
Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia
Luis López Diéguez, presidente da Deputación
10:20 – 10:30 · Presentación de asociacións integrantes ACOWAS-EU:
Austria: OÖ Wasser
Dinamarca: Danske Vandvaerker
España: COXAPO
Finlandia: SVOSK
Irlanda: NFGWS
10:30 – 11:20 · Experiencias nacionais:
España – As comunidades de augas en Galicia
Irlanda – Captación e extracción de auga
Austria – Calidade da auga: tratamento e desinfección
Dinamarca – Da fonte á sustentabilidade
Finlandia – Cooperación nos sistemas de abastecemento
11:20 – 11:25 · Vídeo presentación COXAPO
11:25 – 12:15 · Relatorios técnicos:
Universidade de BOKU – O saneamento no ciclo integral da auga
Universidade de Vigo – Gobernanza dos bens comúns
Dundalk Institute of Technology – Captación e protección das fontes
Universidade da Coruña – O recurso hídrico e a súa resiliencia
Consellería de Sanidade – Pequenos abastecementos, grandes retos (RD3/2023)
Augas de Galicia – Planificación do ciclo da auga nos núcleos rurais
Confederación Hidrográfica Miño-Sil – A contaminación das masas subterráneas no horizonte 2028-2033
12:35 – 12:50 · Clausura:
Javier Tourís, Deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos, Fondos Europeos e A Estación Fitopatolóxica Areeiro
📅 16 de setembro 2025 📍 Teatro Principal de Pontevedra
Un encontro internacional sobre a xestión comunitaria da auga, con participación de expertos e comunidades de Austria, Dinamarca, España, Finlandia e Irlanda.
📅 21 de setembro de 2025 · 09:00 h · Saída dende A Fonte de Señores (Tortoreos, As Neves)
A A.C.D. Coto da Cividade de Tortoreos convídavos a participar nunha nova edición do tradicional Camiño das Fontes. Nesta andaina popular contarase coa animación musical do grupo Ronco&Fol.