
Lembrade !!! O vindeiro 16 de setembro de 2025, Pontevedra acollerá o Congreso Internacional ACOWAS sobre xestión comunitaria da auga no rural.
O encontro celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6) e reunirá expertos e representantes de Austria, Dinamarca, España, Finlandia e Irlanda, así como institucións galegas, para analizar boas prácticas, calidade da auga e retos futuros dos pequenos abastecementos.
Programa da xornada
09:30 – 10:00 · Acreditación
10:00 – 10:05 · Inauguración
Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia
Luis López Diéguez, presidente da Deputación
10:20 – 10:30 · Presentación de asociacións integrantes ACOWAS-EU:
- Austria: OÖ Wasser
- Dinamarca: Danske Vandvaerker
- España: COXAPO
- Finlandia: SVOSK
- Irlanda: NFGWS
10:30 – 11:20 · Experiencias nacionais:
- España – As comunidades de augas en Galicia
- Irlanda – Captación e extracción de auga
- Austria – Calidade da auga: tratamento e desinfección
- Dinamarca – Da fonte á sustentabilidade
- Finlandia – Cooperación nos sistemas de abastecemento
11:20 – 11:25 · Vídeo presentación COXAPO
11:25 – 12:15 · Relatorios técnicos:
- Universidade de BOKU – O saneamento no ciclo integral da auga
- Universidade de Vigo – Gobernanza dos bens comúns
- Dundalk Institute of Technology – Captación e protección das fontes
- Universidade da Coruña – O recurso hídrico e a súa resiliencia
- Consellería de Sanidade – Pequenos abastecementos, grandes retos (RD3/2023)
- Augas de Galicia – Planificación do ciclo da auga nos núcleos rurais
- Confederación Hidrográfica Miño-Sil – A contaminación das masas subterráneas no horizonte 2028-2033
12:35 – 12:50 · Clausura:
Javier Tourís, Deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos, Fondos Europeos e A Estación Fitopatolóxica Areeiro
Rafael Carrera, fundador de COXAPO
12:50 – 15:00 · Networking e refrixerio