Con motivo do Día Mundial da Auga, desde a Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares queremos poñer en valor o traballo que hai detrás dun recurso esencial para o noso día a día.
Este ano, a campaña internacional céntrase na relación entre a auga e a igualdade, destacando o papel fundamental das mulleres na súa xestión e no acceso a este recurso.
Como sinalan distintos organismos e publicacións especializadas, cando as mulleres participan en igualdade na gobernanza da auga, os servizos resultan máis inclusivos, máis sostibles e máis eficaces.
A nosa traída é o resultado do esforzo colectivo de xeracións de veciños e veciñas que fixeron posible que a auga chegue a cada fogar.
Neste camiño, moitas mulleres tiveron e teñen un papel clave na organización e funcionamento da comunidade.
Un labor constante, discreto e imprescindible.
Porque a auga non é só un recurso é compromiso, responsabilidade e comunidade


