A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas dirixidas ás comunidades de usuarios para a mellora das instalacións de abastecemento de auga.
Desde a Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares compartimos esta información por se pode resultar de interese para outras traídas.
As axudas teñen como finalidade apoiar actuacións que melloren as infraestruturas das traídas veciñais, reforcen a eficiencia do servizo e contribúan á modernización dos sistemas de abastecemento.
📌 Documentación oficial
🔎 Extracto da convocatoria no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260206/AnuncioO143-210126-0004_es.html
📄 Bases completas publicadas no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260206/AnuncioO143-210126-0003_gl.html
💻 Presentación de solicitudes na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal/
📰 Nota de prensa oficial:
https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/021191/xunta-convoca-ayudas-comunidades-usuarios-particulares-para-mejora-instalaciones
Compartimos esta información por se pode ser de interese para outras comunidades de auga.
📌 A CUTL queda á disposición para colaborar e compartir información ou experiencias.
As traídas tamén contan co apoio da Asociación de Traídas de Augas de Galicia
Coxapo
🔗 https://web.coxapo.com
🌐 https://tortoreoslinares.com
ℹ️ Recordatorio: tanto no Diario Oficial de Galicia (DOG) como no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) é posible crear alertas personalizadas para recibir un correo electrónico cada vez que se publiquen subvencións ou anuncios do voso interese.