A web de Deputación de POntevedra recolle o Congreso organizado por COXAPO e a propia Deputación en Pontevedra-
“A auga, ou a ausencia dela, é un reto en moitos lugares do mundo. Pero nesta provincia témola en abundancia. Algo que é unha bendición, pero non é a solución a todos os problemas. A captación, o abastecemento, o saneamento ou o aproveitamento deste recurso tan vital como escaso supoñen tamén un desafío en moitos núcleos de poboación desta provincia. Por sorte, contamos con persoas comprometidas tanto co medio ambiente como coa súa terra, refírome ás persoas que dan forma as Comunidades de Usuarios de Auga da provincia”, recoñeceu Luis López na inauguración dun congreso no que estivo acompañado polo deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís.