A Congreso internacional ACOWAS 2025 na prensa

Pontevedra Viva recolle unha galeria de fotos de Cristina Saiz, no seguinte enlace podedes aceder a galeria:
Galeria fotografías de ACOWAS por Cristina Saiz
Coxapo, que representa a nada menos que 85.000 usuarios de traídas de auga no rural galego, lidera este foro de intercambio de ideas centrado no cumprimento normativo e a sustentabilidade na xestión da auga potable.
O acto central do encontro tivo lugar este martes no Teatro Principal de Pontevedra, coa conferencia titulada "Xestión comunitaria da auga no rural". Alí déronse cita representantes de asociacións veciñais de traídas de auga, entidades públicas e privadas relacionadas co sector, así como académicos de universidades como Boku (Viena), Vigo, A Coruña e o Dundalk Institute of Technology (Irlanda).