Noticias CUTL

 ACOWAS2025 INVITACION

A difusión do Congreso Internacional ACOWAS-EU 2025 continúa aumentando nos medios galegos. O portal Val Miñor TV publicou unha información salientando o interese desta cita sobre a xestión comunitaria da auga, organizada pola Asociación COXAPO en Pontevedra.

Segundo indica a noticia:

“A Asociación de Traídas da Auga COXAPO organiza a Conferencia Internacional ACOWAS-EU 2025, que reúne en Pontevedra a persoas expertas de Austria, Irlanda, Dinamarca, Finlandia e España. O acto central terá lugar o martes 16 no Teatro Principal de Pontevedra, baixo o lema «Xestión Comunitaria da Auga no Rural»…”

Ler a noticia completa en Val Miñor TV →

O congreso celebrarase entre o 15 e o 17 de setembro de 2025, con sesións técnicas, mesas de traballo e visitas ás traídas de Balteiro e Meira de Arriba. Ademais da participación de expertos internacionais, asistirán representantes de administracións e universidades galegas.

INFORMACION E REXISTRO

 

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!