ACOWAS

O interese polo Congreso Internacional ACOWAS-EU 2025 segue medrando en Galicia. O xornal dixital Infomiño.com publicou recentemente unha información destacando o papel deste encontro sobre xestión comunitaria da auga no medio rural, organizado pola Asociación COXAPO.

Segundo sinala a nova:

“A conferencia ACOWAS-EU 2025 reunirá en Galicia a especialistas en traídas de auga de Austria, Irlanda, Dinamarca, Finlandia e España. A cita, organizada pola Asociación Coxapo, celebrarase do 15 ao 17 de setembro e analizará os retos actuais da autoxestión da auga no medio rural.”

Ler a noticia completa en Infomiño →

A conferencia desenvolverase do 15 ao 17 de setembro de 2025 en Pontevedra, cun acto central o martes 16 no Teatro Principal. Participarán representantes de asociacións de traídas de auga, universidades, administracións públicas e entidades vinculadas ao abastecemento rural, ademais de visitas técnicas ás traídas de Balteiro e Meira de Arriba.

 

 INFORMACIÓN E REXISTRO

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!