PROGRAMA ACOWAS 2025

 

INFORMACION E REXISTRO

Lembrade !!! O vindeiro 16 de setembro de 2025, Pontevedra acollerá o Congreso Internacional ACOWAS sobre xestión comunitaria da auga no rural.
O encontro celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6) e reunirá expertos e representantes de Austria, Dinamarca, España, Finlandia e Irlanda, así como institucións galegas, para analizar boas prácticas, calidade da auga e retos futuros dos pequenos abastecementos.

Programa da xornada

09:30 – 10:00 · Acreditación

10:00 – 10:05 · Inauguración

Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia

Luis López Diéguez, presidente da Deputación

10:20 – 10:30 · Presentación de asociacións integrantes ACOWAS-EU:

  • Austria: OÖ Wasser
  • Dinamarca: Danske Vandvaerker
  • España: COXAPO
  • Finlandia: SVOSK
  • Irlanda: NFGWS

10:30 – 11:20 · Experiencias nacionais:

  • España – As comunidades de augas en Galicia
  • Irlanda – Captación e extracción de auga
  • Austria – Calidade da auga: tratamento e desinfección
  • Dinamarca – Da fonte á sustentabilidade
  • Finlandia – Cooperación nos sistemas de abastecemento

11:20 – 11:25 · Vídeo presentación COXAPO

11:25 – 12:15 · Relatorios técnicos:

  • Universidade de BOKU – O saneamento no ciclo integral da auga
  • Universidade de Vigo – Gobernanza dos bens comúns
  • Dundalk Institute of Technology – Captación e protección das fontes
  • Universidade da Coruña – O recurso hídrico e a súa resiliencia
  • Consellería de Sanidade – Pequenos abastecementos, grandes retos (RD3/2023)
  • Augas de Galicia – Planificación do ciclo da auga nos núcleos rurais
  • Confederación Hidrográfica Miño-Sil – A contaminación das masas subterráneas no horizonte 2028-2033

12:35 – 12:50 · Clausura:

Javier Tourís, Deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos, Fondos Europeos e A Estación Fitopatolóxica Areeiro

Rafael Carrera, fundador de COXAPO

 12:50 – 15:00 · Networking e refrixerio

INFORMACIÓN E REXISTRO

 

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!