
📅 21 de setembro de 2025 · 09:00 h · Saída dende A Fonte de Señores (Tortoreos, As Neves)
A A.C.D. Coto da Cividade de Tortoreos convídavos a participar nunha nova edición do tradicional Camiño das Fontes. Nesta andaina popular contarase coa animación musical do grupo Ronco&Fol.
Percorrido
Señores (saída) → Vilanova → O Fixón → Senraboa → Entrerregueiros → O Rego → Silvares→ O Reguengo → Navaleira → Redondelo → A Venda→ Laranxeira → Santa Mariña (chegada).
Ao remate: polbo e carne ao caldeiro en Santa Mariña.

Organiza
A.C.D. Coto da Cividade de Tortoreos
Colaboran
- Concello das Neves
- Comunidade de Montes de Tortoreos
- Deputación de Pontevedra
- Abadía de Tortoreos
- Adega Chan de Vide
- Señorío de Rubiós
- Abril