Detalles do evento

📅 Data: Martes, 16 de setembro de 2025
🕘 Horario: 9:30 a 13:30 h
📍 Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6 – 36002 Pontevedra)

Obxectivos de ACOWAS 2025

  • Pór en valor o modelo de traídas de auga en Galicia.

  • Compartir experiencias de xestión comunitaria da auga a nivel europeo.

  • Analizar os retos de futuro: gobernanza, sostibilidade e innovación.

  • Favorecer o intercambio entre comunidades, técnicos e institucións.

 

Programa resumido

Apertura institucional

Presentación da conferencia e benvida por parte das autoridades e da Asociación das Traídas de Auga (COXAPO).

Relatorios principais

Exposicións sobre experiencias de Galicia, España e Europa en materia de traídas de auga e comunidades de augas.

Debate e participación

Espazo aberto para preguntas e intervencións do público asistente.

Peche e refrixerio

Clausura do evento e encontro informal para favorecer o intercambio de ideas.

 

Sobre COXAPO

A Asociación das Traídas de Auga (COXAPO) é a entidade que representa ás comunidades de augas en Galicia. Defende un modelo único de xestión solidaria e participativa. A comunidad de Usuarios Tortoreos-Liñares que abastece as parroquias de  Tortoreos e Liñares en As Neves forma parte da asociación

 

Apoios institucionais

O evento ACOWAS Pontevedra 2025 conta coa colaboración de:

  • Deputación de Pontevedra

  • Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

 

 

 

 

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!