Na actualidade, se queres comunicarte coa Administración e non existe un procedemento específico habilitado, podes empregar o Rexistro Electrónico Xeral (REG-AGE).
Este rexistro serve para presentar escritos, solicitudes ou comunicacións a calquera órgano da Administración Xeral do Estado.
Exemplo práctico: comunicación á Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Se precisas comunicarte coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e non atopas un procedemento electrónico específico, podes facelo a través do REG-AGE.
Neste caso, imos poñer como exemplo a comunicación dun cambio na Xunta Directiva da Comunidade de Usuarios.
✅ Pasos a seguir
1. Accede á sede electrónica
Entra na páxina do Rexistro Electrónico Xeral:
👉 https://digital.sede.gob.es/servicio?id=Registro-Electronico-General
2. Identifícate
Debes acceder con algunha destas formas de identificación:
-
DNI electrónico
-
Certificado dixital
-
Cl@ve PIN ou Cl@ve Permanente
3. Cubre o formulario
-
Organismo destinatario: selecciona Confederación Hidrográfica Miño-Sil, O.A.
-
Asunto: “Comunicación de cambio de Xunta Directiva”
-
Descrición: expón de maneira breve e clara o obxecto da comunicación.
-
Documentación adxunta: incorpora os documentos que acrediten o cambio (acta da asemblea, certificación da secretaria, etc.).
4. Asina e presenta
Unha vez completado:
-
Asina electronicamente a solicitude.
-
Preme en Presentar para que quede rexistrado.
5. Garda o xustificante
Ao finalizar, o sistema xera un resgardo de presentación co número de rexistro.
⚠️ É importante gardalo, pois é a proba oficial de que realizaches a comunicación.
Acceso a web do rexistro

Escoller a opción " NUEVO REGISTRO"

Chega o proceso de identificación. Inicio de Sesión, facemos clic en ACCEDE CON TU CL@VE

Escollemos o tipo de identificación. Se acedemos co CERTIFICADO CERES da comunidade, facemos clic en CERTIFICADO ELECTRÓNICO


Abrirase a fiestra para cumplimentar os nosos datos. Enderezo, correo electrónico, teléfono,...

Escollemos na zona inferior esqueda se queremos recibir os avisos sobre este rexistro no móbil ou no correo electrónico e prememos en SEGUINTE

Na seguinte pantalla temos que escoller a que organismo queremos enviar o noso escrito. Neste caso
NIVEL ADMINISTRACION: Administración del Estado
MINISTERIO: Ministerio para la transición ecológica y el Reto Demográfico
E na casiña buscar polo nome podemos poñer sinxelamenrte Miño e atopará rápidamente
Na parte inferior amosará os resultados obtidos e só temos que facer clic sobre o desexado. No noso caso o único que aparece: Confederación Hidrográfica Miño-Sil

Facemos clic para seleccionala

Cumprimentamos os datos da solitidue, neste caso
ASUNTO:
Comunicación de cambio na Xunta Directiva
Á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, O.A.
EXPONE:
Que con data 31 de maio de 2025 celebrouse Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares, na cal se procedeu á renovación dos membros da súa Xunta Directiva.
SOLICITA:
Que se proceda á actualización da información sobre a composición da Xunta Directiva da Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares nos rexistros desa Confederación Hidrográfica.
Para os efectos oportunos, achégase:
Certificado da secretaria da Comunidade de Usuarios, no que consta a relación actualizada de membros da Xunta Directiva e cargos correspondentes.
As Neves, 25 de agosto de 2025
A secretaria,
Aránzazu Ferreiro de Urrestarazu
Unha vez cumplimentados os datos facemos clic en SIGUIENTE

Ners apartado temos que achegar a nosa documentación. No noso caso un documento en formato pdf que conten a certificación da secretaria sobre a composición da Xunta Directiva.
Facemos clic en EXPLORAR DOCUMENTOS e escollemos o documento que queremos achegar.

Na zona superior dereita indicaranos que o arquivo está correctamente subido.

Nesta pantalla podemos ver o arquico subido e podemos engadior unha descripción s equeremos. Facmeos clic en SEGUINTE

Resumo do rexistro

Abaixo a esquerda facmeos clic en confirmar os datos e asinamos abaixo a dereita.

Obteremos un detalle do Rexistor realizado e a posibilidade de descargar o xustificante na zona superior dereita.