A convocatoria das Asembleas Xerais das Comunidades de Usuarios regúlase no artigo 218 do Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH).

Este artigo foi reformado polo Real Decreto 665/2023, de 18 de xullo (BOE do 31 de agosto), introducindo dous cambios principais:

1. Supresión da notificación persoal aos usuarios. Antes prevíase para casos de reforma de estatutos ou asuntos de especial relevancia, mais agora xa non é obrigatoria.
2. Cambio do medio de publicación: a convocatoria xa non debe publicarse no Boletín Oficial da Provincia nin no taboleiro do concello, senón directamente no Boletín Oficial do Estado (BOE).

 

Esta obriga de publicación fundamentase tamén no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común, aplicable ás Comunidades de Usuarios segundo a Lei de Augas.

As Comunidades de Usuarios deben, por tanto, publicar no BOE as convocatorias das súas Asembleas Xerais. Aínda así, mentres non se modifiquen os Estatutos, convén observar o que estes dispoñan de maneira complementaria.

Cómpre ter en conta que a inserción de anuncios no BOE está suxeita a taxa (Lei 25/1998), mais os anuncios oficiais obrigatorios están exentos de pagamento.

Para publicar a convocatoria, débese acceder á sección de [Anunciantes do BOE](https://www.boe.es/anuncios/), onde se habilita o servizo de inserción de anuncios.

 

Accedemos a web de anuncios do BOE

 

https://www.boe.es/anuncios/

 

Web BOE

Seleccionamos  a opción insertar un anuncio

 

 

Accedemos con certificado CERES e polo tanto escollemos IDENTIFICACION CON CERTIFICADO ELECTRÓNICO

 

 

Novamente escollemos acceso DNIE/CERTIFICADO ELECTRÓNICO

 

 

 

Abrirase a fiestra para escoller o certificado co que temos que asinar, neste caso o que representa a Comunidade de Usuarios.

 

 

 

Escollemos a opción PONER UN ANUNCIO

 

 

Aquin temos que escoler dentro de a opción B) Otro anuncios oficiales o que indica: modelo de convocatoria de juntas comunidades de regantes

 

No apartado tecto do sumario temos que indicar de xeito moi breve, en castelan e facendo correcto uso das maiúsculas o nome da COmunidade e o motivo do anuncio, por exemplo:

Anuncio de la comunidad de usuarios xxxxxxxxxx  para la asamblea general ordinaria

 

 

Tras incluir o texto facemos clic en ACEPTAR para continuar cumplimentando os datos da convocatoria. Deixovos a continuación un modelo de como facer a redacción para non ter problemas coa publicación. Obviamente modificando os datos de dia, lugar e hora da convocatoria así como a orde do dia

 

 

 

 

Como a seguinte páxina e longa dividimola en tres pantallazos. Sinxelamente e cubrir os datos da convocatoria. 

 

 

 

POdemos facer clic en previsualizar para ver como quedou o noso anuncio e despois finalizar edición para continuar.

 

 

Este paso e moi importante. Aqui temos que escoller a opción de gratuidade pero indicar o motivo polo cal e gratuito.

Precepto por la que es gratuita: Artículo 218.2 RDPH.

 

 

 

 

A partires deste punto so temos que asinalo envio.

Dende o BOE farannos chegar a información se a publicación é correcta opu se temos que corrixila.

 

 

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!