
O vindeiro Sábado 28 de xuño celebrase Asemblea de COXAPO. Deixamosvos a convocatoria e máis instruccions para chegar o lugar onde terá lugar.
Estimado/a socio/a:
Por medio da presente, lembrámoslle que o sábado 28 de xuño terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de COXAPO, que se celebrará no Centro Cultural de Sobrada, sita en Torron 52B (Tomiño-Pontevedra), ás 10:30 h en primeira convocatoria e ás 11:30 h en segunda convocatoria, co seguinte
Orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Memoria de actividades realizadas na asociación.
Estado de contas.
Orzamentos.
Actualización e ratificación de Xunta Directiva e representantes.
Organización e proxectos futuros.
Normativa e información que poida afectar ás comunidades.
Rogos e preguntas.
Para facilitar e axilizar o transcurso da sesión, remítese por correo electrónico a acta da asemblea anterior e o estado de contas da asociación. Polo mesmo motivo, todas aquelas comunidades que teñan dúbidas ou consultas sobre calquera dos puntos a tratar deberán envialas previamente ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Localización da asemblea:
https://maps.app.goo.gl/axMRnoimYLnr83L5A?g_st=aw
Por cuestións de aforo, rógase confirmación de asistencia.