E preciso que todas as comunidades publiquen no Boletín da provincia a convocatoria das súas asembleas.
Imos comentarvos como facelo no caso do Boletín da provincia de Pontevedra (BOPPO)
O acceso ao boletín e a través da web: https://boppo.depo.gal/
O proceso para a publicación dun anuncio do Boletín Oficial da provincia consta de tres pasos:
- Solicitude de publicación: datos de quen solicita a presentación do anuncio, contido do anuncio, data publicación,..
- Envío Instancia Xenérica: presentación no rexistro da Deputación da petición ao BOPPO
- Pago Taxas
Para enviar a solicitude da publicación do anuncio accedemos ao enlace do Boletín oficial: https://boppo.depo.gal/solicitude-insercion. Cumprimentaremos os datos solicitados:
- Datos ordenante
- Datos do anuncio e adxuntar o arquivo (documento en formato pdf que conten o anuncio que queremos publicar )
- Datos da persoa responsable do anuncio
- Datos do pagamento
Para o envío da instancia xenérica temos que acceder a web da Deputación de Pontevedra: https://sede.depo.gal/web/
Precisamos ter o certificado CERES da Comunidade para realizar calquera trámite online coa administración (noutros casos tamen é valida a chave 365)
Para enviar a instancia xenérica accedemos a: https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=50709505
Facemos clic en "trámite en liña" e na seguinte pantalla seleccionamos "Certificado dixital ou dni electrónico"
Abrirase unha nova ventana coa pasarela de identificación do certificado a empregar para identificarnos.
Na web da pasarela escolleremos novamente a opcion "Certificado dixital ou dni electrónico"
Amosarase unha ventana emerxente cos certificados dispoñibles no noso PC. Escollemos o que corresponda a comunidade de Usuarios.
Unha vez identificados buscaremos o procedemento axeitado.
Podemos empregar para elo o buscador: INSTANCIA e obteremos entre os resultados da búsqueda o que precisamos: "Instancia xenérica" e faremos clic en "trámite en liña"
Cargarase a páxina para cumprimentar a Instancia e preguntará, en función do certificado empregado se queremos acceder como representante ou como persoa solicitante. Se o certificado e o dni electrónico do representante da traída teremos que escoller que accedemos como representante porque a solicitude e para a Comunidade. Se o certificado é o da Comunidade teremos que escoller a opcion acceder como "persoa solicitante".
E certo que pola "personalidade" das comunidades de usuarios algunhas das pasarelas online das administraciones non amosan de xeito claro o acceso.
Cumprimentamos tódolos datos solicitados e adxuntamos a documentación. A documentación é a que antes presentabamos directamente, en persoa, na deputación, esto é:
- A solicitude de inserción de anuncio
- O arquivo do anuncio
- O documento bancario de pago das Taxas
O arquivo do anuncio, inda que na web da deputación facilitase unha plantilla en formato word recomendomosvos que o enviedes en formato pdf para non ter problemas o subilo a web.
Para o pago das taxas escribide o documento nun editor de texto con letra fonte "ARIAL" e tamaño 12. Contade todas as liñas que ocupa o escrito, inda que non señan liñas "completas" contan como unha liña,
Neste apartado podedes ver as instruccions para o envio dun anuncio inda que non está actualizado: https://boppo.depo.gal/es/instrucciones-envio
As taxas podedes atopalas no seguinte enlace: https://boppo.depo.gal/es/tasas
|
Por la inserción de anuncios: |
|
|
Remisión sólo en soporte papel, por línea |
3,10 € |
|
Remisión en soporte papel, electrónico o informático, por línea |
1,55 € |
|
Publicación urgente |
Recargo del 100 % |
Para o pago das taxas podedes acceder a banca electrónica, facer o ingreso na conta bancaria do BOPPO da Deputación de Pontevedra e descargar o xustificante de pago.
Sinalar o noso agradecento aos funcionarios da Deputación. Sempre resolveron as nosas dúbidas con prontitude e de ter cometido erros na tramitación contactaron directamente facilitando subsanalos.











