Noticias CUTL

O sábado 21 de febreiro de 2026 ás 17:00 horas, a Xunta Directiva desprazarase á zona de Reguengo-Silvares para explicar o funcionamento dos novos contadores con telelectura instalados grazas á subvención de Augas de Galicia 2025.

Sábado 21 de febreiro de 2026 – 17:00 horas

 Zona Reguengo-Silvares

Seguindo instrucións do Sr. Presidente da Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares, membros da Xunta Directiva desprazaranse á zona de Reguengo-Silvares para manter unha reunión informativa coa veciñanza.

Esta reunión ten como finalidade explicar o funcionamento dos novos contadores con sistema de telelectura instalados na zona, actuación realizada no marco da subvención concedida por Augas de Galicia no ano 2025.

Os contadores instalados son modelo ATLANTIS de Iberconta, equipados coa tecnoloxía IRIS, que permiten unha lectura remota do consumo, maior precisión nos datos e detección temperá de posibles fugas.


Durante a reunión:

  • Entregaranse os usuarios e claves de acceso á aplicación.

  • Explicarase paso a paso o funcionamento da plataforma.

  • Revisaranse in situ os contadores instalados.

  • Resolveranse dúbidas sobre instalación e uso.

  • Crearase un grupo de WhatsApp específico para consultas e seguimento.

Animamos á veciñanza da zona a asistir para coñecer de primeira man esta mellora tecnolóxica que supón un avance na modernización e eficiencia do abastecemento.

A Xunta Directiva
Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares

 

web telelectura – Subvención Augas de Galicia 2025

 

Web contadores telelectura

 

Contadores telelectura

 

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!